ponteceso turismo

Lugares de Interese :: Praia da Hermida

Galería de fotos

A praia da Hermida


Vista da praia da Hermida

Parroquia:Corme Aldea (San Adrián)
Lugar: Gondomil
Coordenadas: Latitude:43º 15´51” N -Longitude:8º 56´60” W

Servizos:
Aparcadoiro preto da praia, duchas, servizo de limpeza diario*, servizo de vixilancia SOS*, servizo de WC adaptado*, sinalización do estado do mar*, WC adaptados*, rampas de acceso para persoas con diversidade funcional
*no verán

Acceso:
Desde Ponteceso, por diante da casa natal do poeta Eduardo Pondal,-a carón da ponte sobre o río Anllóns sae a estrada -AC-424-en dirección a parroquia de Corme Aldea,-7.7km- enfrente dun colexio, hai un desvío a esquerda que indica a praia da Ermida e a Pedra da Serpe
Accesibilidade:en coche, en autobús, a pé.

Descrición:
Praia en forma de media concha, situada nun entorno rural. De area branca e fina. É una praia venteada e con ondas moderadas. Desde a praia vese unha bonita panorámica da illa da Estrela, que se conta que estivo unida á terra por un brazo de area, da que só queda a actual praia. Na illa había una ermita a la virxen da Estrela e un castro celta, do só queda un monte de pedras levantadas sobre restos romanos. Ideal para disfrutar do sol e da agua nunha paisaxe natural y de valores simbólicos.

Características:
Praia venteada
Lonxitude: 350m
Ocupación no verán:Media
Tipo de area: fina
Entorno: Praia, piñeiral, merendeiro e área recreativa. Enfrente da praia hai un bonito piñeiral-merendeiro con mesas de pedra no que se puede disfrutar dunha boa comida ou merenda a sombra –conxunto de mar-praia e piñeiral.

Distancias a lugares relevantes:
Corme Porto:1km/ Parada de autobús
Carballo: 35km /Estación de autobuses
A Coruña:65 km /Estación de tren /Aeroporto
Santiago:76/Estación de tren/Aeroporto.


© by Abertal