ponteceso turismo

Lugares de Interese :: Ponteceso

Galería de fotos

Ponteceso


Ponteceso

A orixe do topónimo de Ponteceso, vén dada polo nome do río que ata idade media se lle chamou rio “Zeso” . A partir da idade media, ó río douselle o nome de río Anllóns.

Ponteceso é a capital municipal do Concello de Ponteceso, que xunto con Corme son os núcleos máis importantes.

Ponteceso pertence a parroquia de San Tirso de Cospindo

O poeta e bardo de Bergantiños Eduardo Pondal, naceu en Ponteceso no ano 1835 nunha casa señorial a carón do Río Anllóns.

“Eu nacín en agreste soidade,
eu nacín cabo dun agreste outeiro
por onde o Anllóns con nobre maxestade
camiña ó seu destino derradeiro.
Eu non nacín en vila nin cidade
máis lonxe do seu ruído lisonxeiro.
Eu nacín cabo de pinal espeso.
Eu nacín na pequena Ponteceso”

(E. Pondal)


© by Abertal