O Concello de Ponteceso abriu este mércores, 4 de setembro, o prazo de inscrición para participar no programa municipal de madrugadores e conciliación familiar ‘Ponte-Cedo’.
O próximo luns, 26 de agosto, dará comezo a ruta de recollida de residuos urbanos especiais non voluminosos no Concello. Para unha boa coordinación coa veciñanza, publicamos a ruta e o calendario que se seguirá dende hoxe ata o próximo 12 de setembro.
Os traxes de traballo do GES non se renovaban desde o ano 2014, polo que era unha actualización necesaria para poder levar a cabo as labores de mantemento e de apoio nos incendios de forma eficiente
Segundo indicou o alcalde, José Manuel Mato, “a idea é ir renovando os equipos de protección segundo o vaian necesitando os empregados deste servizo”
Con motivo da festividade de San Xoán e San Pedro nos vindeiros 24 e 29 de xuño, recórdase a tódolos veciños/as do municipio que a comunicación para facer fogueiras poderá presentarse ata o día 21 de xuño pola sede electrónica ou nas oficinas do Concello.
O prazo de inscrición está aberto desde o 10 ata o 17 de xuño Conta con 95 prazas totalmente gratuítas dirixidas a mozos e mozas empadroados no Concello de entre 3 e 16 anos A iniciativa desenvolverase de 9:30 a 13:30 horas durante os 22 días laborables de xullo e os 21 de agosto.
Programa de posta a disposición das persoas destinatarias de tarxetas canxeables por productos de asistencia material básica, en concreto, productos de alimentación, así como produtos de hixiene.
O Concello de Ponteceso expón o censo para a elección de membros do Consello Escolar Municipal de Ponteceso para o 2024 en representación de profesorado, alumnado e pais e nais.
Por mor do evento solidario Mi Princesa Rett que se celebrará o vindeiro 2 de xuño quedarán cortadas o tráfico as seguintes rúas dende as 09:00 ata as 20:00 horas: Avda. Anllóns Praza Recheo Rúa Paseo Fluvial
Así mesmo queda prohibido estacionar na Rúa Vereda (marxe dereito) e rúa Paseo Fluvial dende as 22:00 horas do día 1 de xuño.
O Concello de Ponteceso informa que mañá, martes 14 de maio, está prevista a variación da presión da rede de abastecemento en Corme-Porto, nas vivendas incluidas dentro do proxecto de mellora da Rúa Santander. Deste xeito, os fogares contarán a partires desta data con máis presión na rede de abastecemento.
Ante a solicitude presentada pola Asociación Divina Pastora a través de rexistro para ampliar o horario de finalización da festa ata as 5:30 horas da madrugada os días 10 e 11 de maio do 2024, o alcalde do Concello de Ponteceso, José Manuel Mato, resolveu por decreto ampliar o horario de finalización da festa Divina Pastora unha hora os días 10 e 11 de maio.
Hoxe, luns 6 de maio, deu comezo a ruta de recollida de residuos urbanos especiais non voluminosos no Concello. Para unha boa coordinación coa veciñanza, publicamos a ruta e o calendario que se seguirá dende hoxe ata o próximo 22 de maio.
O Concello de Ponteceso, no seu obxectivo de coidar o medio ambiente, impulsa un programa de compostaxe doméstica entre a veciñanza do municipio. Esta técnica pretende que os residuos orgánicos, que compoñen preto do 50% das nosas bolsas, queden na propia terra.
O alcalde do Concello de Ponteceso, José Manuel Mato, ditou a providencia para iniciar o expediente de aprobación da Ordenanza reguladora da instalación de terrazas en espazos de uso público. O borrador de ordenanza que consta como anexo rexe a tramitación do procedemento. Realízase a consulta pública a través desta páxina web para coñecer a opinión das posibles persoas afectadas pola norma, os problemas que hai que solucionar, a necesidade e a oportunidade de aprobar a ordenanza, os obxectivos da norma e as posibles solucións alternativas. Durante 15 días desde a súa publicación, as persoas usuarias do servizo ou calquera persoa interesa pode consultalo e presentar suxestións. Pode consultar o borrador descargandoo na ligazón que aparece debaixo destas liñas.
Debido á rotura da rede provocada durante a execución das obras de canalización de pluviais na mañá deste mércores 24 de abril, o servicio de abastecemento de auga verase interrompido no prazo de 3 horas na marxe esquerda da Avenida de Anllóns (dende a farmacia ata o cruce que vai para o Centro Médico). Pregamos desculpas polas molestias!
As listas electorais estarán expostas ó público para que os/as interesados/as as consulten para os efectos da presentación de reclamacións. O período de reclamacións vai dende o 22 ata o 29 de abril 2024 (ámbolos dous incluídos). Tódalas persoas interesadas poderán comproba-los seus datos electorais nas dependencias municipais do Concello, durante os días hábiles, de luns a venres, de 09.00 h. a 14.00 h., presentando o DNI (orixinal), ou documento análogo, ou tamén chamando ós teléfonos de consulta: 900 343 232 (gratuíto) – 981 217 439.
O Concello de Ponteceso informa de que a vindeira semana, por motivo da limpeza dos depósitos, prevese unha caída na presión de auga, así como unha posible interrupción no subministro nas seguintes zonas: Luns, 15 de abril: Anllóns de Arriba e Carballido. Mércores, 17 de abril: Pozas, Brantuas de Arriba, Niñóns, Os Barreiros e Figueiroa. Desculpen as molestias.
O día 26 de marzo de 2024, ás 10:30 h reúnense as persoas que forman parte do tribunal para formar unha bolsa de emprego, contratación laboral temporal, de operarios de obras e servizos ao abeiro do programa de integración laboral PEL CONCELLOS 2024 da Deputación Provincial da Coruña, por medio de concurso-oposición. Pode consultar a acta picando na seguinte ligazón.
O Concello de Ponteceso inicia a campaña de trampeo primaveral de raiñas da vespa velutina, xa que esta é a época na que as raíñas fundadoras comezan a formar os niños e, por tanto, o momento no que debe realizarse un maior esforzo para evitar o xurdimento de novas colonias. A captura de raíñas faise dende marzo ata finais de maio, coincidente coa fase de construción e actividade do niño primario. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello iniciou a colocación de trampas en puntos estratéxicos das catorce parroquias do termo municipal, centrándose especialmente en espazos verdes, parques e prazas públicas. Ao mesmo tempo, o Concello fai un chamamento á colaboración e implicación da cidadanía nesta campaña, polo que pon a súa disposición trampas e líquido atraínte. Estes dispositivos poderán solicitarse mediante o seguinte formulario https://forms.gle/hB5aCxJqgXoo1WGs6 e serán entregados o vindeiro día 8 de marzo de 2024 ás 12:00 horas no salón de plenos do Concello. A cambio, o compromiso de contabilizar as raíñas capturadas e trasladar a información aos responsables do Concello que van realizarán o seguemento para coñecer os puntos nos que exista unha maior presenza de velutinas. Antes de proceder á entrega do material terá lugar unha charla informativa sobre a vespa velutina. Así mesmo, lémbrase que no caso de detectarse un niño de vespa velutina é preciso chamar ao teléfono 012 para poñelo en coñecemento da Xunta de Galicia e proceder á súa eliminación.
O artigo 42 da Ordenanza núm. 22 xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria (publicada no BOP núm. 239, do 19/12/2011) establece que a Alcaldía poderá ditar disposicións que regule o horario permitido para realizar as operacións de carga e descarga. Tendo en conta o anterior, dispoño:
Primeiro.—No relativo ao estacionamento de vehículos no casco urbano de Ponteceso, atenderáse en tódalas rúas do mesmo ao establecido na sinalización vertical que en cada momento se dispoña.
Segundo.—As operacións de carga e descarga de mercadorías levaránse a cabo de conformidade co disposto nos artigos 38 a 49 da Ordenanza número 22, xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, nos espazos debidamente sinalizados ao efecto, coas marcas viais e sinais regulamentariamente establecidas
Terceiro: De conformidade co artigo 42.2 e 1) da Ordenanza núm. 22 xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria (publicada no BOP núm. 239, do 19/12/2011) no que se establece que a Alcaldía poderá ditar disposicións que regule o horario permitido para realizar as operacións de carga e descarga, esta Alcaldía considera necesario limitar o horario de carga e descarga de mercadorías nas horas nocturnas , dado que afecta ao descanso da poboación polo que: QUEDA PROHIBIDA AS OPERACIÓNS DE CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS ENTRE AS 23.00 DA NOITE E 7:00 DA MAÑÁ
Cuarto.- É obrigarorio deixar limpa a vía pública e limpar inmediateamente despois da carga e descarga os pozos e os sumidoiros que estean afectado. No caso de non o facer, o Concello adoptará as medidas legalmente previstas na Ordenanza xeral de limpeza e medio natural e demais bens de dominio publico.
Quinto.- O presente Bando entrerá en vigor ás 8:00 horas do día seguinte a súa firma, debendo procederse á publicación do seu texto íntegro nos medios de comunicación social e no Taboleiro de Anuncios do Concello, así coma dar traslado do contido do mesmo á Policía Local para o seu efectivo cumprimento, e á brigada de obras para operar o cambio da sinalización que proceda.
Por mor das obras que se están levando a cabo na Rúa do Sol vaise proceder ao corte na subministración de auga o Martes día 05-03-2024, durante a mañá, nas seguintes zonas:
O xoves, 8 de febreiro de 2024 estará a Unidade Móbil de Doazón de Sangue na Praza do Recheo en Ponteceso de 16:00 a 21:00h e o mércores 14 de febreiro de 2024 estará na Praza de Pazos de 16:00a 21:00h.
Do 22 de xaneiro ó 06 de febreiro levarase a cabo a recollida cuadrimestral porta a porta de residuos especiáis non voluminosos. Podes consultar a data na que pasarán pola túa rúa. Lembra que os residuos deberán deixarse diante da porta ou edificio (nun lugar accesible á empresa) antes das nove da mañá.)
Os residuos urbanos que se van a recoller son:
1. Aceite de cociña usado: de fritura, de conservas,... 2.Graxas e manteiga. 3.Pilas e baterías: de botón, AAA, alcalinas, electrónicas e de vehículos a motor. 4.Bombillas e fluorescentes. 5.Residuos eléctricos e electrónicos pequenos do fogar: microondas, tostadores, secadores, radio, teléfonos, ordenadores, ferramentas eléctricas ... 6.Consumibles de impresoras: tóner, cartuchos, .... 7.Residuos téxtiles e roupa: roupa usada, calzado, complementos. 8.Residuos metálicos pequenos do fogar: tixolas, moldes, potas, enxoval do fogar.
QUENDA E RUTAS DE RECOLLIDA
LUNS 22 DE XANEIRO: Comezaráse na estrada de Corme (xunto á ponte) pasando por: Cedeira, Carracido, Couto, Cospindo, A Brixería, Currás, A Matigueira, Balarés, Guxín, Xomonte e iniciaremos Corme Aldea.
MARTES 23 DE XANEIRO: Corme Aldea, Froxán, O Picoto, Corme Porto(R/Vila de García, Camino Paseo Marítimo, Carretera Ponteceso, R/ Rio de Arriba, Estrada Roncudo, R/Arnela, Barrio Campo, R/Real.
MÉRCORES 24 DE XANEIRO: Corme Porto(R/Nova, R/ Paxariñas, Barrio Regadiños, R/ Agra Rodríguez, Barrio Fontiña, Roncudo, As Regadiñas, As Pedras Miúdas, R/Condes, R/Carral, Paseo Marítimo, C/ Coroto, C/ Xeneral Mourelle, C/ Sol, Paseo Maritimo, Avd. Mariña,Travesía Campiño, R/ Hortas.
XOVES 25 DE XANEIRO: Barrio Remedios, C/Crego, C/Fontiñas, C/ Real, Praza do pan, Barrio Fontiñas, Cerezo, Carballido, As Gurichas, Lestimoño.
VENRES 26 DE XANEIRO: R/ Cruceiro, R/Concello, R/ Cuartel, R/ Aduana, Praza do Recheo , R/Paseo Fluvial, Polígono paseo fluvial, Av. Eduardo Pondal, Av. Anllóns.
LUNS 29 DE XANEIRO: Av.Anllóns, Barrio Juncal, R/Teresa Mosqueira Manso, R/ Eduardo Blanco Amor, Praza Campo da Feira, R/ Veda, Barrio Trabe, Av. Bergantiños, Rueiro. MARTES 30 DE XANEIRO: Aldea Tella, Tella, Anllóns, A Garga, R/ Cuñarros.
MÉRCORES 31 DE XANEIRO: Aldea Tella, A Gándara, Seixos, O Petón, Polígono Tella, Tallo, Vilasuso, O Rieiro.
XOVES 1 DE FEBREIRO : Bugalleira, Ameixenda, Rebordáns, As Salgueiras, Os Melcos, Langueirón, A Vitureira, Ardabón, A Ponte Dona.
VENRES 2 DE FEBREIRO: Froxán, Xornes, Pazos.
LUNS 5 DE FEBREIRO: Riotorto, Limiñoa, O Barreiros, Cores, Viladesuso, Figueiroa, A Costa, A Campara, Santa Cruz, Os Torrados, A Lamela, Miraflores.
MARTES 6 DE FEBREIRO: O Castro, O Rueiro, Os Anxeles, Brantuas de Arriba, Casas de Espereira, Brantuas de Abaixo.
O alcalde do Concello de Ponteceso, José Manuel Mato, vén de activar o Plan Local de Continxencias por contaminación mariña accidental tras reunirse coas autoridades locais en materia de seguridade.
📄O documento, neste primeiro nivel de emerxencia, prevé actuacións en 2 liñas:
1️⃣ A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil intensificará a vixilancia nos areais.
2️⃣ No caso de atopar pellets se establecerán equipos de limpeza co persoal do Concello, se contactará coas entidades medioambientais e se organizarán xornadas con voluntarios para recoller os microplásticos de xeito adecuado.
As listas electorais estarán expostas ó público para que os/as interesados/as as consulten para os efectos da presentación de reclamacións. O período de reclamacións vai dende o 1 ata o 8 de xaneiro 2024 (ámbolos dous incluídos).
Tódalas persoas interesadas poderán comprobalos seus datos electorais nas dependencias municipais do Concello, durante os días hábiles, de luns a venres, de 09.00 h. a 14.00 h., presentando o DNI (orixinal), ou documento análogo, ou tamén chamando ós teléfonos de consulta: 900 343 232 (gratuíto) – 981 217439.
O Concello de Ponteceso conta cun lote de madeira de aproximadamente 200 tn. procedente da realización das tarefas de limpezas de camiños, ríos e outros espazos públicos. Esta madeira atópase depositada en 3 lugares: -Avda. Bergantiños (detrás da cafetería Royale Tym) -Na pista do cruce da Ermida (Corme Aldea) -Nunha finca municipal na agra de Anllóns (inmediacións da granxa porcina). Todas aquelas persoas que estean interesadas na súa adquisición, dispón dun prazo de 10 DÍAS HÁBILES, contados dende a publicación deste anuncio na web municipal (22/12/2023), para que presenten a súa oferta económica pola totalidade do lote, a través da sede electrónica do concello.
O luns, 11 de decembro estará a Unidade Móbil na Praza do Recheo en Ponteceso de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00h e o martes 19 de decembro na Praza da Ribeira en Corme de 18:15 a 21:00 h,baixo o lema
"Este Nadal o que máis brilla en Galicia é a SOLIDARIDADE.¡DOA SANGUE!"
O Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural da Coruña, informa de que se vai realizar a entrega dos títulos de propiedade da zona de concentración parcelaria de Cores-Nemeño, Concello de Ponteceso. Días: 12 e 13 de decembro de 2023 Hora: de 10,00 a 14,00 horas Lugar: Edificio das Escolas (Ao lado do centro médico).Rúa Teresa Mosqueira Manso Ponteceso
Os títulos poderán ser retirados polos interesados, ou outra persoa no seu nome presentando o DNI da persoa que o retira e a autorización do propietario acompañada da copia do seu DNI.
Os títulos de propiedade que non se recollan estarán a disposición dos interesadosno Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural(Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 6º andar- A Coruña),dende o día seguinte ao remate da entrega.
Adxúntase o modelo de autorización que deben traer asinado no caso de non poder asistir o titular.
Por providencia da alcaldía incoouse o correspondente expediente para a aprobación ORDENANZA XERAL REGULADORA VAOS E UTILIZACIÓNS PRIVATIVAS E APROVEITAMENTOS ESPECIAIS DO DOMINIO PÚBLICO DO CONCELLO DE PONTECESO para mellorar a organización e funcionamento do mesmo e intentar paliar os problemas de convivencia veciñal, veciños e foráneos que aparcan os seus vehículos diante dos accesos a garaxes e instalacións comerciais impedindo o acceso e o seu normal funcionamento.
O borrador de ordenanza que se adxunta como ANEXO rexe a tramitación e procedemento a hora de aproveitamento especial dun ben de dominio público municipal, pola entrada e saída de vehículos a inmobles urbanos e/ou fincas dende a vía pública e pola reserva da vía pública para aparcamento exclusivo, carga e descarga, coa consecuente e necesaria prohibición, no seu caso, do estacionamento nos espazos da mesma que conforman os accesos e saídas daqueles, así como os espazos da vía pública restrinxidos para carga e descarga ou aparcamento exclusivo, sendo necesario para elo, solicitar e obter, no seu caso, a correspondente autorización municipal. O informe xurídico da secretaría municipal sinala que o artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, establece que previamente á elaboración do proxecto de regulamento realizarase unha consulta pública a través da páxina web municipal para recabar a opinión dos posibles afectados pola norma sobre: os problemas a solucionar, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma, e as posibles solucións alternativas. En consecuencia, DISPOÑO: Que se proceda a publicar na páxina web municipal o correspondente anuncio xunto co borrador do proxecto de ordenanza inicialmente redactado, para que durante un prazo de 15 días hábiles , os usuarios do servizo ou calquera interesado poidan consultalo e presentar suxerencias ou opinións ao respecto, entre outras sobre os problemas que a ordenanza trata de solucionar, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma, ou no seu caso as posibles solucións alternativas.
O pasado domingo tivo lugar a charla realizada por Jose Manuel Castro Marcote, presidente da Asociación naturalista Pan de Raposo. Así, puidemos achegarnos ao Reino Natural dos Fungi, coñecer as súas particulariedades básicas así como ter unhas pinceladas clave respecto da identificación, precaucións a tomar na recollida e outras nocións relacionadas coa micoloxía. Despois da charla analizáronse exemplares que os propios participantes recolleron, sendo identificados polo experto á vez que foi comentando as características máis importantes e respondendo ás dúbidas dos asistententes.
Este domingo temos unha actividade moi especial sobre un dos protagonistas dos espazos naturais no outono, os cogomelos.
Así que da man do experto micólogo José Manuel Castro Marcote, presidente da Asociación Pan de Raposo, imos coñecer un pouco máis destes apetitosos seres e tamén aprender a tomar precaucións para practicar a micoloxía con total seguridade. Se traedes exemplares que atopedes nas vosas saídas aproveitaremos para recoñecelas, e se xuntamos suficientes faremos unha pequena exposición. Neste caso, lembra traelos enteiros e gárdaos nun recipiente que transpire para que se manteñan en boas condicions. Vémonos o domingo 12 de novembro no Centro Cultural de Ponteceso ás 11 da mañá.
Por mor dunha avería na Rocha, no día de hoxe, 08-11-2023, comunícase que vai haber un CORTE XERAL NO ABASTECEMENTO DE AUGA, que afectará os seguinte lugares: . Nemeño . Cores . Brantuas . Campara . Niñóns
O servizo restableceráse tan pronto se arranxe a avería.
Por providencia da alcaldía incoouse o correspondente expediente para a aprobación DA ORDENANZA XERAL REGULADORA DE PREZOS PÚBLICOS do Concello de Ponteceso para mellorar a organización e funcionamento do mesmo .
O borrador de ordenanza que se adxunta como ANEXO rexe a tramitación e procedemento a hora de establecemento dos prezos públicos, tanto no referido aos aspectos organizativos internos, como as relacións cos beneficiarios das mesmas e os seus dereitos e obrigas. O informe xurídico da secretaría municipal sinala que o artigo 133.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, establece que previamente á elaboración do proxecto de regulamento realizarase unha consulta pública a través da páxina web municipal para recabar a opinión dos posibles afectados pola norma sobre: os problemas a solucionar, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma, e as posibles solucións alternativas. En consecuencia, DISPOÑO: Que se proceda a publicar na páxina web municipal o correspondente anuncio xunto co borrador do proxecto de ordenanza inicialmente redactado, para que durante un prazo de 10 días hábiles , os usuarios do servizo ou calquera interesado poidan consultalo e presentar suxerencias ou opinións ao respecto, entre outras sobre os problemas que a ordenanza trata de solucionar, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma, ou no seu caso as posibles solucións alternativas.
O 30 de outubro de 2023 ditouse a resolución número 867/203 na que se resolve a derogación, e polo tanto deixar sin efecto a Resolución número 321/2023 do 06 de maio, de ampliación horaria e, en consecuencia, adoptar os horarios de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e fin dos espectáculos públicos e das actividades recreativas recollidos no artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 2020 da VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO, que serán de obrigado cumprimento no termo municipal, non prevendo de ningún tipo de excepción.
Os horarios según recolle a citada Orde no artigo 5 podense descargar no arquivo adxunto.
Por mor da Proposta aprobada no Pleno ordinario do 28-09-2023 comunícaselle:
Que se vai implantar a “Hora Silenciosa” nas festas do Pilar que van ter lugar os días 11,12,13 e 14 de outubro de 2023 para que as familias con nenxs con trastorno do espectro autista, necesidades especiais e discapacidade poidan desfrutar delas en igualdade de oportunidades.
Polo que vaise levar a cabo a “Hora Silenciosa” tódolos días da festas dende as 21:00 h ata as 22:00h
Novamente reiteramos os agradecementos a toda a veciñanza pola colaboración e comprensión desexándolle que pasen unhas Boas Festas da Pilarica
Por mor da Festa da Pilarica no Campo da Feira e a Trabe, Tella (Ponteceso) que vai ter lugar os días 11,12,13 e 14 de outubro de 2023
Queda prohibido circular en todos os accesos á praza do Campo da Feira durante os días 11, 12, 13 e 14 de outubro de 2023
Comunícaselle asimesmo que a parada de taxis estará situada á altura da intersección da Avenida de Eduardo Pondal, da Avenida de Anllóns e da Avenida de Bergantiños dende o día 11 de outubro ás 19:00h ata o domingo 15 de outubro ás 08:00h
Agradecementos a toda a veciñanza pola colaboración desexándolle que pasen unhas Boas Festas da Pilarica
Convocatoria para estadías e o tratamento termal do Programa Benestar en Balneario.
Benefiarios:
Ser maior de 60 anos, ou 55 e, neste caso reunir a condición de pensionista do sistema da seguridad social polos conceptos de xubilación,invalidez, viuvez ou outras pensións.
Prazo de presentación de solicitudes ata o 18 de outubro de 2023.
Para máis información poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello.
A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Agrícolas desplazarase ao Parque Empresarial de Tella (Ponteceso) do 06 de setembro do 2023 ao 15 de setembro de 2023 ( de 09:00h a 13:30h e de 15:15h a 18:00h, excepto o 08 e 15 de setembro de 2023 que só será horario de mañá) Para solicitar cita previa: Por teléfono: 902 30 90 00 ou na páxina web: https://www.sycitv.com/es/estaciones-syc/
Infórmaselles que por mor da celebración da Procesión de Venres Santo de Corme Porto queda prohibido o estacionamento e circulación dende o venres, 7 de abril de 2023 de 19:00 horas ata venres, 7 de abril de 2023 ás 23:30 horas nas seguintes zonas ou rúas:
- Praza do Pan, rúa Río da Roda, Fonte do Campo
Unicamente permitida a circulación para acceso aos seus garaxes, das persoas residentes, agás durante a procesión.
Ponteceso, 07 de abril de 2023 O Alcalde Xose Lois García Carballido
Logo da charla explicativa impartida onte pola técnica de Sogama, Andrea Pérez¸ foron repartidos os composteiros entre os veciños e veciñas que o solicitaron
O Edificio das Escolas de Ponteceso acollerá o vindeiro xoves 30 de marzo, ás 17.30 horas, unha charla explicativa para o uso correcto do composteiro e resolver as dúbidas arredor desta práctica que permitirá reducir os residuos orgánicos que se depositan nos colectores do lixo.
Os ratiños volverán visitar a biblioteca tres xoves do mes de abril para contar ”Paxariños ” o día 13, un “Invento para chegar ao Ceo” o 20 e “Unhas Botas Misteriosas” o 27, adicando ao libro dixital o mes do libro
▪ O evento levarase a cabo o mércores 1 de marzo, de 10:30h a 12:00h na Oficina de Acelera PYME en Ponteceso. ▪ Inaugura o evento o alcalde de Ponteceso, D. Xosé Lois García Carballido. ▪ Contarase coa presencia do presidente da Deputación da Coruña, D. Valentín González Formoso, que pechará o acto e participará no networking coas persoas asistentes. ▪ Imparte a formación, Dna. Rebeca Facal Fuentes, experta en community manager, marketing e publicidade.
Valentín González Formoso reuniuse co alcalde, Lois García Carballido, para analizar a situación dos proxectos pendentes no municipio
A Deputación completou as expropiacións das sendas de Lestimoño por importe de 112.000 euros
A ponte de Xabarido e o aparcamento de Balarés, en trámite para comezar a execución en 2023
Así llo comunicou o presidente Valentín González Formoso ao alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, durante a reunión de traballo que mantiveron na sede da institución provincial para analizar a situación de distintos proxectos pendentes no municipio. Na reunión participou tamén o portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández.
Alumnos e alumnas de infantil do colexio CEIP Eduardo Pondal e do CRA da Nosa Señora do Faro de Ponteceso gozaron dunha mañá de xogos, chocolate e moita diversión.
Asesorarémoste cos teus trámites e xestións máis habituais, resolveremos as túas dúbidas e axudarémoste a obter o certificado dixital e a Cl@ve permanente para que poidas relacionarte coas Administracións Públicas.
Con motivo do Día Internacional do Cancro de Mama, mañá mércores 19 de outubro, ás 6 da tarde, na biblioteca de Ponteceso celebrarémolo cun faladoiro sobre o cancro de mama con dous técnicos de radioloxía con ampla experiencia no tratamento da enfermidade, a bergondesa M.Begoña Calviño Dorado e o vimiancés Miguel Angel Vázquez Pose.
-Conta cun presuposto de case 10.000€, financiado nun 80% por Augas de Galicia -Xosé Lois García Carballido supervisou as zonas obxeto da auditoría co responsable da empresa consesionaria de aguas.
A compañía de teatro aAntena, coa colaboración do Concello de Ponteceso e o patrocinio da Diputación da Coruña, represenará a obra “NAUFRAXIOS NA COSTA DA MORTE”. O evento celebrarase o vindeiro domingo 14 de agosto ás 23.00 horas no Faro Roncudo. Aquelas persoas que desexen asistir deben inscribirse.
Debido á “17ª Ruta cicloturística por Corme”, o domingo 14 de agosto estará prohibido aparcar na Praza da Ribeira na zona que se indica a continuación, de 8:00 a 14:30 h.
Se sabes de algún incumprimento, enche este formulario e entrégao no mostrador, ou emprega a sede electrónica municipal, 24 horas, os 7 días da semana. Protéxete da calor excesiva evitando os esforzos nas horas centrais do día, e hidratándote con auga do tempo moi frecuentemente, inda que non teñas sede. Prevenir os efectos da vaga de calor, é cousa de todas e todos.
Por mor da Festa na honra da Virxe do Carme en Corme Porto, os días 15 e 16 de xullo de 2022 Queda prohibido aparcar nas zonas sinalizadas nin na contorna da Praza da Ribeira dende ás 00:00 h do día 14-07-2022 e ata as 08:00h do día 17-07-2022 Agradecementos a toda a veciñanza pola colaboración desexándolle que pasen unas Boas Festas na honra da Virxe do Carme.
Ponteceso, 13 de xullo de 2022 Xosé Lois García Carballido
A vila compite con outros municipios galegos nesta categoría dos premios Pobo do Ano impulsados polas cabeceiras de Prensa Ibérica para dar visibilidade ao medio rural.
Será a través do Servizo de Orientación laboral dos concellos de Ponteceso e Cabanade Bergantiños que xestionará o desprazamento en caso de acadarse a cifra suficiente
Unha nova tecnoloxía que permitirá aos pontecesáns gozar de servizos de datos móbiles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior de edificios
A escola infantil A Galiña Azul de Ponteceso ten dispoñibles 7 prazas para nenas e nenos de entre 0 e 3 anos. As familias interesadas deben contactar a través do novo número de teléfono 981 714 199.
Prazas libres
Neste momento a aula de 0 a 1 anos ten unha praza libre, mentres que na de 1 a 2 aínda están vacantes dúas. Unha dispoñibilidade que no caso da aula de 2 a 3 anos chega a catro prazas.
Por outra banda os citados cursos de 0 a 3 anos contan con 3 prazas para dar resposta a posibles casos de emerxencia social, unha por cada aula.
O alcalde de Ponteceso tamén abordou co goberno provincial avances na licitación da ponte de Xavarido e das sendas de Lestimoño a Ponteceso, así como o impulso do aparcamento de Balarés
Logo da charla explicativa impartida esta mañá por unha técnica de Sogama foron repartidos os composteiros entre os veciños e veciñas que o solicitaron
Será este vindeiro sábado, 13 de novembro ás 11 horas e un técnico de Sogama ofrecerá a todas e todos os veciños que se inscriban previamente unha sesión explicativa de como facer compost
A partir do martes, 09 de novembro, xa se pode solicitar a reserva de entradas para a segunda función do Ciclo de Teatro, para a obra Mofa e Befa: Dúas pedras no camiño
Así llo fixeron saber ao Alcalde do Concello de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, e con este investimento poderanse levar a cabo melloras en Corme
Con esta iniciativa, organizada por LimpOcean e en colaboración co Concello de Ponteceso, pretendemos concienciar da problemática que supón o lixo mariño para a saúde do noso Planeta e para a de toda a sociedade
Este venres 8 de outubro deu comezo o programa na Biblioteca Municipal coa sesión de contacontos “Viaxe pola Galicia encantada” da compañía Trinke Trinke
As tarefas que se están a levar a cabo permitirá conectar o parque empresarial co Centro Cultural de Ponteceso de forma sostible e segura para os peóns
Súmanse así aos cincuenta que xa se repartiran o pasado mes de xuño, e ante a boa acollida desta iniciativa o Concello adquirirá máis composteiros para seren entregados aos veciños que así o soliciten
O acto de inauguración celebrouse hoxe ás 18:00 horas e nel participaron o alcalde de Ponteceso, a presidenta da Fundación Torre-Pujales, Cristina Torre Cervigón, e Xurxo Lobato, membro da Real Academia Galega de Belas Artes
Este sábado, 18 de setembro, ás 11:00 un técnico de Sogama ofrecerá a todas e todos os veciños que se inscriban previamente unha sesión explicativa de como facer compost
Para as accións desta primeira fase das sendas de Tella, que unirán A Calle e o Parque Empresarial polo Petón, o Concello de Ponteceso investirá 30.000 euros e a Consellería de Economía, Emprego e Industria aportará 120.000 euros
A bandeirola foi presentada e colgada esta mesma mañá no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte e contou coa presenza do alcalde, Xosé Lois García Carballido
Amais de desfrtuar dos produtos artesáns dos postos do mercado, o público asistente puido participar nas diferentes actividades paralelas programadas arredor do evento
O MACCMO acolle este venres 6 de agosto, ás 19:00, unha charla sobre a obra de teatro de Arantxa de Juan “Unha muller perigosa” que mostra unha parte da vida da actriz Anna Magnani
Protección Civil vai colaborar no desarrollo da procesión, pero pídese que o público permaneza nas sillas habilitadas, e que manteña a distancia e a mascarilla en todo momento
Protección Civil vai colaborar no desarrollo da procesión, pero pídese que o público permaneza nas sillas habilitadas, e que manteña a distancia e a mascarilla en todo momento
• As bases aparecen recollidas do Boletín Oficial da Provincia da Coruña de hoxe • Os aspirantes contarán con 10 días hábiles para realizar a solicitude, contados desde mañá
As persoas empadroadas no municipio retomaron a actividade hai dúas semanas, mentres que, debido ás restricións, as non empadroadas comezaron de novo o pasado venres
As actuacións do dúo, becado pola Fundación Torre-Pujales, celebraranse cada venres ata a terceira semana de marzo e poderán seguirse en directo a través do Facebook do Concello de Ponteceso
O Alcalde de Ponteceso e o conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodríguez González, asinaron onte un convenio entre Turismo de Galicia e o Concello de Ponteceso para construír unha multiárea de servizo para autocaravanas en Corme Porto. Turismo achegará 30.000 euros, o concello 18.345,19 euros máis a redacción e a dirección de obra do proxecto construtivo. A nova área situarase nun terreo cedido ao Concello, non lonxe da praia da Arnela e do pavillón municipal e pista de pádel. A nova área ten que estar rematada, pagada, e xustificado o convenio, o 15 de novembro de 2020. Ata sete autocaravanas van poder realizar o servizo a un tempo. As 7 prazas para autocaravanas, 5 de 5,5x8,5 m. e 2 de 4x10 m. Para a execución destas prazas realizarase o movemento de terras para a creación das explanadas de aparcamento e un vial de 5,5 m. de anchura que de acceso a ditas prazas. O pavimento do vial de acceso consistirá en 15 centímetros de grava, rega semiprofunda e 5 centímetros de aglomerado en quente e o pavimento das prazas terá 10 centímetros de zahorra e 12 centímetros de formigón en pavimento con mallazo de 20x20Ø8 mm. Este pavimento terá pendente cara a zona central da praza onde se instalará unha arqueta sumidoiro. Instalaranse 6 estacións de servizo de augas que disporán de conexión a abastecemento (enchido dos depósitos), e saneamento para a evacuación das augas e grises e negras das autocaravanas. Para o servizo de abastecemento instalaranse 40 m de tubería de PE Ø63, 10A PE50A e 47,5 m tubería de PE Ø32, 10A PE50A de previa instalación de foxo. Ademais, valórase a colocación dunha válvula de comporta, coa arqueta asociada e 6 arquetas con chave de corte. Para o servizo de saneamento instalaranse 92,5 m. de tubería de Ø200 mm de PVC SN-4 que conducirá as augas á rede xeral. Tamén se instalarán tres pozos de rexistro con tapa D 400, un deles para realizar a conexión a rede xeral. Os desvíos cara as prazas realizaranse con enlaces mediante toma enxerto. A rede de pluviais executarase con 50 m de tubo de PP corrugado Ø315 mm SN-8 e 30 m. de de tubo de PP corrugado Ø250 mm SN-8 que conectarán cos sumidoiros das prazas. Tamén se instalará unha canaleta con reixa D 400 na conexión do vial de acceso coa Rúa Cubeiro - Completa a obra a reposición dos firmes nos cruce da estrada, a colocación dun sinal de STOP, 2 de sinais informativas de aparcadoiro de autocaravanas e pintado das liñas de bordo e simboloxía do vial de acceso.
As obras, por un total de 530.000 euros, teñen como obxectivo atraer novos veciños aos núcleos rurais de Ponteceso, promocionar os lugares singulares como A Costa en Corme Aldea, e impulsar o centro residencial de Bardaio
O obxectivo da reunión é tratar todos aqueles temas nos que os membros das asociacións teñan interese, especialmente a apertura dos locais sociais e o protocolo de actuación para a prevención do Covid-19.
-O impreso pode descargarse nesta nova ou recollerse nas tendas e talleres agrícolas -A Xunta ampliou ata o 16 de xullo o prazo para realizar os traballos de prevención dos incendios forestais
? O Concello de Ponteceso conta coa colaboración de Protección Civil e dun grupo de costureiras voluntarias que confeccionaron as mascarillas, lavables e reutilizables ? A distribución farase casa por casa ao longo dos vindeiros días
? As xornadas de achegamento á universidade celebraranse os días 17 e 18 de marzo no polideportivo de Ponteceso ? O programa inclúe exposicións, mesas redondas, unha área de deportes e xogos, outra de obradoiros e investigación e 11 stands con información sobre titulacións e servizos da USC
Pilar López Rioboo, subdelegada do Goberno na Coruña, e Antonio Bernal, delegado de Defensa en Galicia, mantiveron un encontro con representantes municipais e do movemento cultural de Corme
-Os actos arredor do Día Internacional da Muller, que comezarán ás 12.30 horas no Couto, estarán protagonizados por artistas da comarca de Bergantiños -O Concello de Ponteceso, a Casa da Muller, a Fundación Eduardo Pondal e a Indicación Xeográfica Protexida ?Ternera Gallega? convidan á veciñanza a participar neste evento de acceso libre e de balde
A concelleira de Deporte, Raquel Fondo, e o concelleiro de Asociacionismo, Salvador Eiroa, foron os encargados de dar o talón ás responsables da Xunta Local AECC de Cabana de Bergantiños