Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Banda de Música :: Presentación

Presentación

A AA.CC.Banda de Música Eduardo Pondal, foi fundada no ano 1995. (Ver Historia). Actualmente é dirixida por Jesús Méndez Torrado dende o ano 2003.Conta na súa plantilla cuns 35 compoñentes de tódalas idades, das cales neste intre 7 compoñentes son maiores e o resto xente nova, moitos deles con estudos de grado medio nos conservatorios de Carballo e superior en A Coruña.
A banda, pódese dicir, está vivindo un dos seus intres máis fermosos da súa historia. A disciplina máis a boa organización nos ensaios e horarios para as actuacións, fai que sexa respectada aló onde vaia.
Asimesmo está abrouxando un novo xermer musical en consolidar esta senlleira formación da Costa da Morte.Porén, cada tempada estamos adiquerindo novo material para por a banda á altura dos tempos actuais.
Conta a banda cun grupo de fans/seareiros da ribeira baixa do Anllóns. Eles son en certo modo un dos fortes alicentes e alicerces pola súa paixón en oír a música en directo e o seu apoio moral. A súa presenza en tódolos concertos, fai que a nosa ilusión por esta bela arte sexa cada día máis rexa e forte.
Dicía Sto.Tomás:"O fermoso é obxecto de oír e contemplar e, o seu pracer, atópase na mesma contemplación, ou na recreación auditiva".
Asimesmo engadía Platón:"Cando o home persevera no estudo da beleza, pode sentir a revelación intuitivva de convertirse en creador de esa arte".
E nós dicimos con respecto a nosa arte:
"Dende o paxaro no albor/ata o grilo no luar/todo é música na terra/anque só sexa silbar
".
Concello de Ponteceso