Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Solicitude estadía de tempo libre

21 de maio

Logo da actividadeConvocatoria de estadias de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas consistente en oito días (sete noites) durante a primeira quincena do mes de xullo, en rexime de pensión completa.

As interesadas, poden acudir ó departamento de servizos sociais do concello (981 7140 000) para apuntarse. Ata o 21 de Maio.

Contacto

Saída para ver ó Depor

18 de maio

Escudo do R.C DeportivoSaída ó estadio de Riazor para presenciar os encontros Fabril-San Sebastián de los Reyes e Deportivo-Villareal.

Inscricións na O.M.I.X (981 714 622) e na Oficina Municipal de Corme (981 738 428) ata o venres 16 de maio.

Saída ás 16:00h e regreso ás 00:00h

Contacto

Obradoiro de radio

Ata o 18 de xuño

Locutor de radioSe che gusta a radio e queres achegarte a ela, esta é a túa oportunidade.

O Concello organiza un obradoiro onde aprenderás as técnicas máis elementais para a edición e producción de programas radiofónicos.

Contacto


Descargas asociadas

Tarde europea

10 de maio

O vindeiro 10 de Maio o Concello de Ponteceso organiza a Tarde Europea, unha xornada adicada a europa.

Xogos de rol, cantares, manualidades, etc.

Contacto


Descargas asociadas

Visita ós museos científicos coruñeses

10 de maio

Logo da actividadeO Concello de Ponteceso organiza unha visita ós museos científicos na Coruña.

Saídas e horarios dispoñibles no documento de descarga que se ofrece a continuación.

Prazo de inscrición:
Ata o mércores 7 de maio ás 14:00h na Oficina M. Información Xuvenil T: 981 714 622.

Contacto


Descargas asociadas

Obradoiro de resolución de confictos en Ponteceso

3 de Maio

A actividade levarase a cabo mediante xogos, rol playing, dinámicas de grupo así como outros exercicios.

Dirixido a rapazas e rapaces entre 12 e 16 anos.

Lugar: Salón de Plenos do Concello.

Horario: De 10:30h a 13:30h

Inscricións: Oficinas Xerais do Concello. T: 981 714 000, ata o 29 de Abril.

Obradoiro de resolución de confictos en Corme

2 de Maio

A actividade levarase a cabo mediante xogos, rol playing, dinámicas de grupo así como outros exercicios.

Dirixido a rapazas e rapaces entre 12 e 16 anos.

Lugar: Ático da Casa do Mar de Corme.

Horario: De 10:30h a 13:30h

Inscricións: Oficinas Xerais do Concello. T: 981 714 000, ata o 29 de Abril.

Contacto

Mes do libro e da lectura

1, 3, 8, 10, 15, 17, 22, 24 e 29 de Abril

Cartaz Don QuijoteNumerosas actividades para os máis pequenos: actuacións de contacontos, obradoiros de lectura, xogos, manualidades, pinturas, etc.

Todos os Martes e Xoves durante o mes de Abril, de 17:00h a 19:00h na Asociación Cultural Río Anllóns.

Descargas asociadas

Obradoiro formativo para asociacións

14 e 15 de Abril de 2008

Obradoiro destinado ó manexo da ferramenta "creaweb" do Concello de Ponteceso.

Esta ferramenta permite as asociacións crear a súa propia páxina web.

Lugar: Aula de informática municipal.
De 16:30h a 17:30h

Apuntarse no Concello de Ponteceso ou na O.M.I.X

Contacto

Ciclobiblioteca

11 de Abril de 2008

O Concello organiza a actividade Ciclobiblioteca, de promoción da lectura e do libro, que levará ós Colexios do noso Concello unha biblioteca móvil, nunha bicicleta.

Animación á lectura, xogos, regalos, etc.

Contacto


1 ... 3  4  5  6  7  8
Concello de Ponteceso