Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Teatro no nadal

28 de decembro

Ás sete da tarde na Casa da Cultura. "Pequena" de Talía Teatro. Para todos os públicos.

Cine en Corme

27 de decembro

Ás 19.00h no pavillón municipal en Corme.

XVI Certame de corais

22 de decembro

Música coral de nadal na igrexa parroquial de Corme. Ás 20.30h.

Visita do carteiro real

17 e 21 de decembro

Visita do carteiro real aos centros educativos do Concello.

Xornadas de orientación laboral

13 e 19 de decembro

Os días 13 e 19 de decembro o Concello de Ponteceso, a través do servizo de orientación laboral, realizará unhas xornadas de orientación para o alumnado de 4º da ESO. Os contidos, que serán tratados en dúas sesións prácticas, foron elixidos polos partipantes.

Descargas asociadas

Ciclo de teatro

Sábados de novembro

Nova edición do Ciclo de Teatro do Concello de Ponteceso

Descargas asociadas

Semana contra a violencia de xénero

Do 19 ao 23 de novembro

O Concello de Ponteceso organiza unha serie de actividades con motivo do día internacional contra a violencia de xénero, o vindeiro 25 de novembro. Propoñemos unha serie de actos durante a semana.

Actividades en Santa Icía

22 de novembro

A Biblioteca Municipal en Ponteceso e a Biblioteca escolar do CEIP As Forcadas de Corme, acollen actividades culturais con motivo do día da música. Tamara Lema e Manuel Caridad achegarannos a obra Pola banda de Froxán.

Obradoiros para a búsqueda activa de emprego

21 e 22 de novembro

O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Ponteceso e Cabana de Bergantiños proporcionará ás persoas desempregadas unha formación para a busca activa de emprego. Os obradoiros constarán de dúas edicións, a primeira en Ponteceso os días 21 e 22 de novembro e a segunda en Cabana de Bergantiños os días 26 e 28 de novembro en horario de tarde. Para inscribirse ou solicitar máis información: Servizo de Orientación Laboral en Ponteceso: 981 715 442
AEDL en Cabana: 981 754 020.

XXII Feira das Fabas

27 de outubro

Como cada ano, chega unha nova edición da Feira das Fabas, que se celebrará no Campo da Feira na Trabe en Ponteceso.

 1  2  3  4  5  6
Concello de Ponteceso