Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Axenda

Campamento de traballo

Do 15 ao 30 de xullo

Mozas e mozos de entre 18 e 30 anos chegan a Ponteceso para traballar na rehabilitación da ruta Os Camiños do Mar. Colabora a Dirección Xeral de Xuventude.

Presentación de "Maruxa a mariñeira"

20 de xuño

Este xoves 20 ás 11.00h presentarase o libro Maruxa a Mariñeira no CEIP As Forcadas de Corme. Este libro foi escrito polo alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria e a historia reflicte a realidade dunha vila mariñeira galega. As súas ilustracións son personalizadas cos debuxos realizados polo alumnado. O proxecto foi financiado polo Concello e Diputación da Coruña co obxectivo de favorecer condutas de igualdade entre os máis pequenos.

Rosalía pequeniña

20 de xuño

Queremos despedir o curso coa cantante galega Uxía e a obra Rosalía pequeniña. A actuación será na Biblioteca Municipal ás sete da tarde.

I Carreira solidaria

14 de xuño

A Asociación Intervida, en colaboración co Concello organiza esta I Carreira solidaria na praia de Valarés, na que participarán os nenos/as dos Colexios do Concello de Ponteceso.

Escola de pais e nais

13 de xuño

Nova actividade que terá lugar no centro cultural de Ponteceso ás 17.00h. Será o derradeiro obradoiro da escola de pais e nais deste curso 2012-2013. Os interesados/as pódense anotar no Departamento de Educación Familiar ou chamando ao teléfono 981 714 000 (extensión 51)

Clausura das escolas deportivas

7 de xuño

Ás cinco da tarde no pavillón municipal en Corme.

Clausura da Escola de Música

29 de maio

Xuntaranse os dous grupos da escola municipal de música na Casa do Mar de Corme para clausurar o curso. O acto será ás 12:30 e os alumnos interpretarán tres pezas musicais con diferentes instrumentos.

Nova actividade da escola de pais e nais

27 de maio

Nova sesión que terá lugar no Centro Cultural en Ponteceso. Todas as persoas interesadas poden porse en contacto co Departamento de Educación Familiar chamando ao 981 714 000 ext-51. Preguntar por Loli.

Clausura da EM de Teatro

24 de maio

Clausura da escola municipal de teatro. Será na Biblioteca Municipal en Ponteceso dende as 18.30h.

Festiletras 2013

Do 12 ao 19 de maio

Festiletras 2013Como cada ano un feixe de actividades na aldea do Couto relacionadas ca cultura galega.

 1  2  3  4  5  6  7
  •  Provisión postos de traballo
  • Portal de Transparencia
  • Acceso á Oficina Virtual Tributaria
  • Programación Inverno 2019-2020
  • Bonos sociais
  • O noso Entroido é o mellor
  • Vota polo Entroido de Ponteceso!
  • Promoción Turístico de Galicia
  • Servizo Nomalización Lingüística
  • Solicitude de visitas guiadas
  • Acceso á web da Biblioteca Municipal do Concello
  • Protección Civil
  • Cultura e deportes en imaxes
  • Liga Municipal de Fútbol Sala
  • Liga Municipal de Ping Pong
  • Liga Municipal de Tenis
  • Liga Municipal de Fútbol Sala Veteranos
  • Costa Bergantiñá
  • Inscrición en liña nas actividades do Concello
  • Servicio de alertas por sms
Concello de Ponteceso