Trinketrinke presenta o espectáculo "Cores e persoas" na biblioteca
4 maio 2018Este venres, ás 19.00 horas, a Área de Biblioteca tráenos á compañía do Trinketrinke cun espectáculo para toda a familia.
A gran Lilí Gruyère vén dunha xira polos EEUU da que trae moitos agasallos para os demais ratiños e ratiñas de Lonxedetodo. Por suposto, na súa maleta tamén ten sitio para varios libros de contos, que lóxicamente compartirá con nós!
E algo máis, vainos amosar unha das cancións do seu repertorio, que sempre utilizan na súa aldea para resolver problemas. Así que hoxe toca rematar ou noso encontro cantando e bailando!