Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Concello :: Benvida

Benvida

Benvidos


José Luis Fondo, Alcalde de Ponteceso

Ponteceso está experimentando, nos últimos anos, transformacións en todos os ámbitos: no social, no empresarial, no cultural e tamén no urbanístico. Todos estes cambios marcan un futuro prometedor para as súas xentes e para os seus visitantes.

O aumento considerable de actividades supuxo un gran traballo para a Corporación que presido, a prol de conseguir satisfacer as necesidades dos veciños a través dunha mellor organización dos servizos municipais en todas as áreas: servizos sociais, culturais, deportivos, de seguridade cidadá, no sector servizos, etc.

O coñecemento da nosa cultura popular, mirando ao pasado, ilumina o que hoxe somos colectivamente. A diversidade da morfoloxía da súa terra, os distintos matices do seu acervo cultural, a beleza das súas paisaxes e a súa riqueza gastronómica, así como a tradicional hospitalidade das súas xentes e as posibilidades das súas praias fan que o concello de Ponteceso sexa un lugar ideal para gozar.

Esta páxina pretende proporcionar información, tanto ós nosos veciños como aqueles que nun futuro desexen selo ou visitarnos.

No nome da Corporación, dos habitantes de Ponteceso e no meu propio, dámoslles a benvida e agradecémoslles a súa visita a este espazo.

José Luis Fondo Aguiar
Alcalde


Contacto


Concello de Ponteceso