Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso xa recibe os servizos de R

Veciños deste concello xa poden recibir os servicios da operadora galega dende xuño

Imaxe da rolda de prensaO alcalde de Ponteceso, José Luis Fondo Aguiar, o conselleiro delegado de R, Arturo Dopico e o delegado da Consellería de Innovación e Industria na provincia de A Coruña, Xosé Luis Barcia Picos explicaron esta mañá os detalles do acordo polo que xa se está a estender a nova infraestrutura de fibra óptica no concello. Este proxecto permitílles aos habitantes de Ponteceso, recibir os servizos do operador galego dende o pasado mes de xuño.

Ponteceso entra así a formar parte do grupo de cidades e municipios galegos que gozan de conexión directa á rede de telecomunicacións de última xeración que o operador galego está a despregar en toda a comunidade autónoma.

Concello de Ponteceso