Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Se queres que se recoñeza a túa experiencia profesional, inscríbete a partir do 14 de xaneiro no proceso de acreditación de competencias que convoca a Xunta

Requisitos, datas, cualificacións convocadas... Todo o que precisas saber contámoscho aquí

A acreditación da competencia profesional é un procedemento mediante o cal as persoas que adquiriron os seus coñecementos profesionais desenvolvendo unha determinada actividade laboral e non teñen titulación poden obter unha acreditación a través de unidades de competencia dun Certificado de Profesionalidade ou dun título de Formación Profesional.

Este ano, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional volve a poñer en marcha ese procedemento para todas as persoas interesadas que reúnan os seguintes requisitos:

- Ter nacionalidade española ou autorización de residencia e traballo en España en vigor.
- Ter 18 anos cumpridos para unidades de competencia de nivel 1 e 20 anos para nivel 2 e 3.
- Para unidades de competencia de nivel 2 e 3 requírese experiencia laboral de 3 anos e/ou formación non formal de 300 horas relacionada coa competencia a acreditar nos últimos dez anos antes da convocatoria. Para unidades de competencia de nivel 1 é necesario ter 2 anos e/ou 200 horas de formación.

A orde, con todos os detalles, pode consultarse no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 14 de decembro de 2018. Se estás interesado/a lembra que o prazo para inscribirse estará aberto do 14 de xaneiro ao 7 de febreiro.

CUALIFICACIÓNS CONVOCADAS
As cualificacións que se convocan, na maioría dos casos, son actividades ou profesións que por normativa, debido a razóns de saúde e seguridade, e co obxectivo de garantir un bo servizo aos usuarios, esixen como requisito imprescindible para desempeñalas a posesión dun título ou certificado de profesionalidade, que acredite a súa competencia profesional.
CONSULTA A RELACIÓN COMPLETA NO ARQUIVO ADXUNTO

Estas acreditacións teñen carácter oficial e validez nacional, polo que as persoas que obteñan estes recoñecementos poderán facelos valer no mercado laboral como certificados oficiais dos coñecementos e capacidades adquiridos a través de anos de experiencia. Isto facilitará ás persoas avanzar e progresar na súa carreira profesional e ás empresas permitiralles optimizar o aproveitamento dos seus recursos humanos.

MÁIS INFORMACIÓN
Servizo de Orientación Laboral dos Concellos de Ponteceso e Cabana de Bergantiños
Ponteceso: 981 715 442
Cabana: 981 754 020



Descargas asociadas

Ligazóns recomendadas


Concello de Ponteceso