Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso xa conta con selo electrónico

O primeiro proceso que pode realizar o cidadán dende a casa é a solicitude de certificado de empadronamento individual

O Concello de Ponteceso aprobou o selo electrónico de órgano e regulación de
actuacións administrativas automatizadas. O anuncio foi publicado no BOP do venres 5 de abril, que podes descargar máis abaixo.

Polo tanto, calquera cidadán, a través da sede electrónica do Concello, pode solicitar e obter automaticamente un certificado do padrón de habitantes. No caso de pedilo individual, o proceso será inmediato, sen ter falta
de desplazarse ao Concello a solicitalo.

Progresivamente, a través da sede electrónica do Concello iranse poñendo máis procedementos que o cidadán poderá tramitar dende a casa de maneira automatizada.

Descargas asociadas


Concello de Ponteceso