Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso xestiona ante a Xunta a extensión das concentracións parcelarias para potenciar o sector agrogandeiro

O alcalde, Lois García Carballido, e o concelleiro de Medio Rural, Salvador Eiroa, reuníronse hoxe co director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez

O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, e o concelleiro de Medio Rural, Salvador Eiroa, mantiveron hoxe unha reunión co director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez Dubois, coa intención de trasladarlle á Xunta de Galicia a necesidade de dinamizar o sector agrogandeiro.

A principal demanda do goberno municipal de Ponteceso é a extensión da concentración parcelaria a todas as parroquias co obxectivo de ?poñer máis terra a disposición das explotacións agrícolas e gandeiras para dar un futuro a esas explotacións?, tal como explicou o alcalde.

Lois García destacou a enorme potencialidade do noso concello, que forma parte da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, que é un dos grandes produtores de faba galega e no que ademais desenvolven a súa actividade 91 explotacións de gando bovino, segundo reflicten os datos do IGE relativos ao ano 2018.

O director xeral de Desenvolvemento Rural explicou aos representantes do goberno municipal que a Xunta de Galicia ten en elaboración unha nova lei que permitirá poñer máis terreo a disposición do sector gandeiro e potenciar o banco de terras, que, dende o seu punto de vista, debe ser un ?axente mobilizador? que evite o abandono do rural.

Concello de Ponteceso