Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A Biblioteca Municipal acollerá esta xoves ás 18:00 horas un espectáculo infantil sobre igualdade de xénero

Trátase dunha actividade incluída no programa Ler Conta Moito e financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

Desde a Área de Igualdade de Ponteceso seguimos traballando para educar en valores desde a infancia. E esta semana queremos propoñerlle á cativada e ás súas familias un contacontos interactivo sobre a igualdade de xénero, incluído no programa Ler Conta Moito e integrado no plan de medidas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para concienciar aos máis pequenos/as sobre a materia.

Trátase dun espectáculo infantil, dirixido a nenos e nenas de 2 a 10 anos de idade, titulado ?A aventura de Daniela Pirata? e representado por Donde viven los sueños.

Para converternos en auténticos/as piratas e obter o desexado tesouro, deberemos superar 7 probas e enfrontarnos ao temible Capitán, que non permitirá que as nenas sexan piratas no seu barco. Xogaremos, cantaremos, bailaremos, pintarémonos e loitaremos para vencer, unha vez máis, a desigualdade. A cita será o xoves 12, ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal. Apúntaste?

Concello de Ponteceso