Mañá xoves, na Biblioteca Municipal de Ponteceso, a partir das 18:00 horas
A contadora de historias Raquel Queizás será a protagonista da nova actividade do programa de animación á lectura Ler Conta Moito que organizamos dende o Concello de Ponteceso.
A partir das 18:00 horas, a Biblioteca Municipal acollerá o espectáculo de monicreques de papel ?Vén a Conto?, unha proposta encamiñada a educar a intelixencia emocional, dirixida a nenos e nenas de 3 a 11 anos e ás súas familias.
Conto é o nome dunha vila onde os paxaros-libro conta as historias dos seus veciños e veciñas. Historias para vencer a soidade, resolver conflitos de forma positiva, gañar amigos e perder inimigos. Porque todas e todos merecemos unha oportunidade para ser mellores?
Sinopse: O sol loce sobre un fermoso ceo violeta. A señora Teresa almorza galletas sen présa, mentres lembra unha brincadeira de cando era nena. Aldariña prepara a mochila cos libros e o dispensador de insulina para ir ao cole axiña. Pedro quedou durmido co libro pegado ao couquizo?
Se queredes saber como rematar o conto, non faltedes mañá á vosa cita semanal coa biblio. É de balde! Agardámosvos a todos/as!