Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso recibe, despois de case un ano de espera, o visto bo de Augas de Galicia para ampliar a vía do Campo dos Seixos ao Petón de Tella

O Concello de Ponteceso solicitou o 8 de outubro de 2018 a autorización para ensanchar a vía do Campo dos Seixos ao Petón, en Tella. Esa autorización, indispensable para poder realizar a obra, chegou o pasado 26 de setembro. No medio houbo un requerimento de subsanación, o 30 de novembro do ano pasado, por parte da Xunta.

Unha vez conseguido o visto bo, o Concello está incorporando as modificacións indicadas, que ten que aprobar a Deputación da Coruña porque financia a obra ó 100%. A continuación, o Concello vai proceder á licitación do proxecto por un importe de 264.644 euros.

O goberno municipal pide comprensión aos veciños e veciñas, posto que o Concello, para boa parte dos seus proxectos, ten que pedir permiso aos servizos de Estradas da Xunta e da Deputación, a Portos de Galicia, Costas, Patrimonio ou Augas de Galicia, ademais das consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente.

Concello de Ponteceso