Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

Mariña Regueiro volta un ano máis a ofrecer un curso de encaixe

Comezou este martes, 17 de agosto, no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte e rematará o vindeiro 21 de agosto

Mariña Regueiro no curso intensivo de encaixe
Mariña Regueiro González-Barros, volve ofrecer este ano un novo curso intensivo de encaixe de bolillos.

Ao longo de toda esta semana, dende o 17 de agosto ata o vindeiro sábado 21 deste mes, o Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte en Corme, acollerá esta formación da man de Mariña Regueiro, pioneira da ensinanza intensiva de encaixe en España e que abriu a súa primeira escola en Corme en 1982.

Os e as asistentes ao curso de encaixe de bolillos terán a oportunidade de mergullarse nesta arte e na que poderán coñecer de primeira man as súas principais técnicas.

Amais, o propio martes 17 agosto, Mariña Regueiro González-Barros presentou o libro “Poemas e haikus” do que é coautora con Rocío Utray, no mesmo MACCMO.

Mostra de encaixe contemporáneo

O Museo de Arte Contemporánea acolle ademais unha mostra de encaixe contemporáneo pero dun xeito especial. As creacións de encaixe están expostas en troncos e ramas que foron recollidas logo do paso do temporal de neve Filomena que o pasado xaneiro de 2021 afectara a Madrid.

A mostra “Filomena” da artista Rocío Utray quedará exposta ata a finalización do curso intensivo de encaixe impartido por Mariña Regueiro, ata o sábado 21 de agosto.

Concello de Ponteceso