Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso presentou unha nova campaña de trampeo de raíñas velutinas na base de Protección Civil

Repartiranse 300 botes co seu líquido completamente preparadas e listas para a colocación

O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, xunto cos membros de Protección Civil de Ponteceso, presentou esta mañá a nova campaña municipal de trampeo contra a avespa velutina na sede de Protección Civil de Ponteceso.
“Temos preparado xa xunto con Protección Civil de Ponteceso a campaña de trampeo de raíñas velutinas. Este ano que vai a ser o tripe que os outros anos coa intención de atallar o problema. Imos colocar trampas en parques e xardíns por todo o termo municipal. Ademais solicitamos a colaboración de todos os veciños e veciñas nesta campaña”, explicou o alcalde.

Todas aquelas persoas, que xa colaboraron en anos anteriores, poden poñerse en contacto co Concello de Ponteceso para recargar o líquido nas trampas que xa dispoñen. Ademais, todos os veciños e veciñas que o desexen ponde solicitar unha trampa para velutinas chamando ao 665328775 ou enviando un mail a xose.garcia@ponteceso.gal

Concello de Ponteceso