Concello de Ponteceso

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O Concello de Ponteceso pon en marcha o programa Respira

Dentro do plan de apio ás familias as persoas empadroadas no Concello de Ponteceso, especialmente as familias coa necesidade de conciliar que terán preferencia no orde das prazas, o Concello pon en marcha o programa “Respira”.
O campamento levarase a cabo nos meses de xullo e agosto, non hai quendas, e vaise consolidar o modelo polo que optou a concelleira de Igualdade de Ponteceso que é levalo ás catro parroquias da nosa vila coma son Cores, no Campo Municipal da Campara, Pazos, no campo da Escola, Ponteceso, no Edificio das Escolas no que temos tantas actividades deportivas coma o ximnasio, Escola de Teatro, Escola de Danza, Escola de Música, e por suposto, en Corme no Pavillón Municipal, coa súa zona deportiva.
O programa inclúe varios bloques:
Educación para a saúde e o consumo. Motivarase aos nenos e nenas a levar unha alimentación variada e equilibrada.
Ensinar aos nenos e nenas como reaccionar en caso dun accidente e tamén saídas a pequenos roteiros de sandeísimo adaptada ás idades nos contornos das escolas.
Sobre igualdade introducirase a perspectiva coeducativa. Emplearase linguaxe non sexista evitando estereotipos e roles con actividades no fomento da corresponsabilidade no fogar e de prevención da violencia de xénero. Tamén haberá un módulo específico sobre a igualdade denominando “Sensibilización en igualdade e xogos coeducativos”.
Os campamentos levaranse a cabo de luns a venres en horario de 9.30 a 13.30 horas sen incluír os festivos do 25 de xullo e 15 de agosto.
Todas as nenas e nenos escolarizados en infantil e primaria entre os 3 e 12 anos teñen aberta a inscrición con prioridade para as persoas empadroadas. Tamén se terá en conta ser familia numerosa ou monoparental.
O Concello conseguiu varias melloras na nova contratación deste servizo, que foi procedemento aberto, con un 20% máis de horario e un aumento do número de monitores da actividade.
O prazo abre o 12 de xuño e as persoas interesadas poden inscribirse no Concello de Ponteceso en horario de mañá.

Concello de Ponteceso