Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

A ruta de danza contemporánea Escora chegará a Ponteceso o vindeiro vernes


Este venres adícase á danza e teremos actividades dende ás 10:30 horas na que comezará un obradoiro de danza na Escola Municipal de Danza de Ponteceso dirixida ás persoas adultas que desexen participar. Este obradoiro será impartido por Ana Beatriz Pérez e Armando Marten.
Pola tarde teremos un obradoiro "Camiños de Volta", unha danza en familia, con Nuria Sotelo e que se impartirá en dúa quendas, a primeira de 16.00 horas e a segunda as 17.00 horas.
Ás 19:30 horas a danza trasládase á Praza do Recheo coas obras "Minguantes" de La Guajira e "Camiños que parten" de Furia Sotelo.
ESCORA é unha proposta de danza na Costa da Morte, e este ano o Concello de Ponteceso súmase a esta iniciativa.
Tódalas actividades son de balde e sen previa inscrición!
Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao 630907124.
http://www.escoradanza.gal/

Concello de Ponteceso