Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Concello :: Novas

O CONCELLO INICIA A CAMPAÑA DE TRAMPEO PRIMAVERAL DE RAÍÑAS DE VESPA VELUTINA

O Concello de Ponteceso inicia a campaña de trampeo primaveral de raiñas da vespa velutina, xa que esta é a época na que as raíñas fundadoras comezan a formar os niños e, por tanto, o momento no que debe realizarse un maior esforzo para evitar o xurdimento de novas colonias.
A captura de raíñas faise dende marzo ata finais de maio, coincidente coa fase de construción e actividade do niño primario.
A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello iniciou a colocación de trampas en puntos estratéxicos das catorce parroquias do termo municipal, centrándose especialmente en espazos verdes, parques e prazas públicas.
Ao mesmo tempo, o Concello fai un chamamento á colaboración e implicación da cidadanía nesta campaña, polo que pon a súa disposición trampas e líquido atraínte.
Estes dispositivos poderán solicitarse mediante o seguinte formulario https://forms.gle/hB5aCxJqgXoo1WGs6 e serán entregados o vindeiro día 8 de marzo de 2024 ás 12:00 horas no salón de plenos do Concello. A cambio, o compromiso de contabilizar as raíñas capturadas e trasladar a información aos responsables do Concello que van realizarán o seguemento para coñecer os puntos nos que exista unha maior presenza de velutinas.
Antes de proceder á entrega do material terá lugar unha charla informativa sobre a vespa velutina.
Así mesmo, lémbrase que no caso de detectarse un niño de vespa velutina é preciso chamar ao teléfono 012 para poñelo en coñecemento da Xunta de Galicia e proceder á súa eliminación.


Concello de Ponteceso