Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Praias de Bandeira Azul :: Presentacion

Presentacion

Presentacion





O Concello de Ponteceso é un dos municipios de Galicia con máis bandeiras azuis
As praias de Balarés, O Osmo e A Ermida presumen desde hoxe deste distintivo.
Nun acto celebrado esta mañá en Marín, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda entregoulle ao alcalde de Ponteceso, Lois Carballido as tres bandeiras azuis que tiña outorgadas o municipio desde o 10 de maio. Así, o Concello de Ponteceso convértese nun dos municipios de Galicia que conta con máis distintivos deste tipo.
O presidente da Xunta resaltou que estes estandartes son “un premio ao compromiso co patrimonio natural da comunidade e un recoñecemento á aposta polo turismo sustentable”. Ademais, Carballido aproveitou para presentarlle ao presidente un novo folleto turístico do municipio titulado ‘Ponteceso, naturalmente irresistible’ co que Alfonso Rueda quedou encantado. Logo, Rueda aseguroulle ao alcalde que “pronto visitará a zona”.As praias de Balarés, O Osmo e A Ermida foron premiadas coa bandeira azul por ser, desde este verán, espazos cardio-protexidos. Os tres areais contan con desfibriladores automáticos e persoal capacitado para utilizalos.O Concello de Ponteceso adquiriu tres equipos DEA que estarán colocados nas praias durante a tempada de verán e no inverno, será trasladados para o seu posible uso nas instalacións deportivas da zona.Deste xeito, o Concello de Ponteceso quere ofrecer un servizo que garanta seguridade aos usuarios das praias e tentar facer das áreas de grande influencia espazos cardio-protexidos, aumentando a seguridade da veciñanza e dos visitantes ao municipio.

Concello de Ponteceso