Concello de Ponteceso Diputación da Coruña

CONCELLO DE PONTECESO

RSS

Perfil do contratante


Estado dos procedementos:
Texto:


Procedementos Adxudicados definitivos

Data publicación web:  28-07-2014

EXPTE 2/2014 : OBRA DE RENOVACIÓN DE PAVIMENTO EN ESTRADAS MUNICIPALES DENDE A GÁNDARA ATA OS SEIXOS POS 2014 ORZAMENTO DE LICITCIÓN: 52703.90?
Publicado en: Outros o 00-00-0000
Data de inicio:
Presentación:
NO REXISTRO XERAL DE DOCUMENTOS DESTE CONCELLO DE PONTECESO
Adxudicado:
O día 7 de xullo de 2014 a Xunta de Goberno Local aprobou, entre outros, o seguinte acordo:
- .- PROPOSTA DE ALCALDÍA DE ADXUDICACIÓN DA OBRA RENOVACIÓN DE PAVIMENTO EN ESTRADAS MUNICPAL DENDE A GÁNDARA ATA OS SEIXOS EXPTE 2/2014. POS 2014
Na sesión plenaria de 12 de decembro de 2013 aprobouse o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2014, coas seguintes obras:
Denominación da obra Deputación Concello Presuposto total

Renovación de pavimento na praza do Recheo e Rúas adxacentes 49.557,28? 0 ? 49.557,28?
Renovación de pavimento na Rúa Vereda e no núcleo de A ourada 34.385,99? 0? 34.385,99?
Renovación de pavimento en estradas municipal dende a Gándara ata os Seixos
52.703,90? 0? 52.703,90?
Mellora de camiño público en Xornes 30.010,47? 0? 30.010,47?
Renovación de pavimento en estrada municipal dende A Lamela ata Santa Cruz 43.355,45? 0? 43.355,45?
Renovación de pavimento en estrada municipal dende a AC-424 ata Currás 45.888,89? 0? 45.888,89?
Total obras 255.901,98? 255.901,98?

En data 03/04/2014 recibiuse nas oficinas xerais deste Concello a Circular para contratar as obras incluídas no POS 2014.

O día 7 de maio de 2014 a Xunta de Goberno Local acordou aprobar os expedientes de contratación das seis obras, mediante procedemento negociado sen publicidade ( dos expedientes 1/2014, 2/2014, 3/2014, 4/2014, 5/2014 e 6/2014 e invitar para presentarse ás seis obras ás empresas:

.-Arias Hermanos Construcciones S.A.
Paseo de Ronda 24-1º 15011 A Coruña
.-Construcciones López Cao S.L.
Avda. Finisterre, 265-267.
.- Canarga Construcciones S.L.
C/Gambrinus 15008 A Coruña
Constan no expediente ás xustificacións dos recibís das invitacións de Arias Hermanos Construcciones S.A, de Canarga Construcciones S.L.e de Construcciones López Cao S.L.
Os membros da Mesa de Contratación procederon en dúas sesión ó exame da documentación. O técnico valorou o sobre B e abriuse o sobre C.
PROPOSICIÓN ECONÓMICAMENTE MAIS VENTAXOSA

Renovación de pavimento en estradas municipais dende a Gándara ata os Seixos expte 2/2014: presentou a documentación do sobre A completa
Expte 2/2014: 17 puntos Programa de traballo: 3, actuación ambiental: 8, plan de control de calidade: 2 esquema de plan de Seguridade e Saúde: 4

Duración da obra: 1 mes


Expte 2/2014: prezo de licitación: 52703,90? Prezo ofertado: 43500+9135 de IVE : 52635,00?


Así, en base ao disposto propoño á Xunta de Goberno Local que declare como a proposición económicamente mais ventaxosa a presentada por Construcciones López Cao S.L. cos datos arriba referidos e lle requira para que presente os certificados de atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e a garantía definitiva por importe de 2175? .

Así, en base ao disposto a Xunta de Goberno Local acordou en sesión celebrada o día 16 de xuño de 2014 declarar como a proposición económicamente mais ventaxosa a presentada por Construcciones López Cao S.L. cos datos arriba referidos e que se lle requirise para que presentase os certificados de atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e a garantía definitiva por importe de 2175? .
O día 25 de xuño de 2014 o interesado recibiu o requerimento.
O día 2/7/2014 co nº 1888 presentaron toda a documentación esixida
Polo anterior, propoño aos membros da Xunta de Goberno Local:
PRIMEIRO: Adxudicar a contratación da obra Renovación de pavimento en estradas municipais dende a Gándara ata os Seixos expte 2/2014, coas seguintes características:
Axustarase íntegramente ao disposto no sobre B ? referencias técnicas- e no prego de prescripcións técnicas, ao programa de traballo, polo que tivo unha valoración de 3 puntos, actuación ambiental: 8 puntos, plan de control de calidade: 2 punto e esquema do Plan de seguridade e saúde: 4 puntos. Prazo de execución das obras, 1 mes
O prezo de adxudicación ascende a 43500+9135 de IVE : 52635,00? o que supón unha baixa de 68.9?.
SEGUNDO: Os contratos deberán formalizarse no prazo máximo de 10 días.
TERCEIRO: Proceder, de conformidade co previsto no Real Decreto Lexislativo 3/2011 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público Público, á notificación do presente acordo ao contratista adxudicatario , así como á publicación do anuncio desta adxudicación no perfil do contratante do órgano de contratación e igualmente cando supere o importe de 100.000,00 euros proceder a su publicación no Boletín Oficial de la Provincia.


O día 14 de xullo de 2014 asinouse o contrato entre o concello e o contratista
Concello de Ponteceso